iatlanticas

Inicio
Presentación PDF Imprimir Correo-e

O Parque Nacional Marítimo Terrestre dás Illas Atlánticas de Galicia, é o primeiro e único espazo con esta categoría da comunidade autónoma galega e o segundo no estado español de carácter marítimo-terrestre, xunto co Arquipélago de Cabrera en Baleares.

Estas illas foron declaradas Parque Nacional no ano 2002 como unha das mellores mostras dos ecosistemas propios das costas e fondos mariños atlánticos españois.

O Parque Nacional comprende os arquipélagos de Cortegada, Sálvora, Ons e Cíes e o espazo marítimo que os rodea, constituíndo esta franxa mariña o 86% da superficie total protexida, o que nos dá unha idea clara da importancia do medio mariño neste espazo protexido.

Nas súas augas podemos atopar diversos tipos de fondos que acollen ecosistemas de gran valor, pero susceptibles de ser alterados e destruídos se non se regulan de forma adecuada as actividades que se levan a cabo nesta zona marítima, como son a navegación, a fondeadura de embarcacións ou o mergullo.

Tamén na zona terrerestre deben regularse as actividades humanas como por exemplo a acampada nas illas.

É por iso que creamos un sistema moi innovador para a solicitude de permisos de mergullo, fondeadura e acampada a través da nosa web: